Friday 22 de November de 2024

Alumnado da primaria da Pobra recibe formación sobre o mundo mariño


A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), organiza unha serie de accións formativas sobre o mundo mariño impartidas pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e dirixida a alumnado da primaria dos centros educativos do termo municipal.

A comezos do mes de abril foi a quenda do CEP Pilar Maestú Sierra e neste día 25 tocoulle á rapazada do CEP Salustiano Rey Eiras.

Estas actividades consisten nas exposicións divulgativas Acústica mariña e golfiños na proa, así como nunha charla informativa sobre as tartarugas e mamíferos mariños, as súas características e a concienciación ambiental.