• Os traballos empezarán esta semana e levarán a cabo en colaboración coa Federación Galega de Montañismo.
• É posible executar este proxecto grazas a un convenio coa Comunidade de Montes da parroquia de Landoi.
• Instalaranse 50 vías con químico homologado e está previsto que a instalación estea dispoñible para o próximo verán.
Esta semana iniciaranse os traballos para habilitar unha zona de escalada deportiva no pico ‘O Cravadoiro’, situado na parroquia de Landoi. A previsión que manexa o Concello de Cariño é que xa estea totalmente accesible para a tempada de verán.
Este proxecto leva a cabo en colaboración coa Federación Galega de Montañismo. Ademais, a asociación Vos Corzos de Ortegal, con sede no municipio, asesorou ao concello na elección da zona.
A actuación, que ten un orzamento de máis de 7.000 euros, execútase a través da Federación Galega de Montañismo, que se encarga da instalación de 50 vías con químico homologado, de maior durabilidade que outros materiais, e tamén da limpeza da zona, o deseño dos carteis informativos e a revisión e mantemento anual dos puntos creados.
O tempo estimado de duración dos traballos é dun mes e medio. Para poder realizar este proxecto o Concello asinou un convenio coa Comunidade de Montes da parroquia de Landoi para a cesión dos terreos por un período inicial de 4 anos, prorrogable. A cambio, o concello encárgase do mantemento do punto e dos accesos.