· A Agrupación Cantigas e Agarimos conseguía o premio principal nas categorías A e C, mentres que a AC Retranqueiros vencía na B e a Agrupación Folclórica Santiaguiños na D.
· Houbo premios ao mellor vestiario en todas as categorías.
· O Centro Cívico de Arteixo acolleu a celebración do certame no que se deron cita 46 formacións e que congregou a centos de persoas na contorna do Paseo Fluvial.
O amor polo folclore tradicional e o compañeirismo reina en cada edición do Concurso de Música Tradicional de Xiradela, así que en esta 22ª edición non había ser menos. Conxuntos de cantareiros/as chegados de diferentes puntos de Galicia competiron en terras de Arteixo. O nivel amosado polos participantes foi grande, e o xurado tivo complicada a elección dos cantos máis afinados e fieis á tradición.
A cita repartiu 2.400 € en premios doados polo Concello de Arteixo. Os primeiros premios corresponderon á Agrupación Cantigas y Agarimos nas categorías A e C. A asociación Cultural Retranqueiros conseguía o triunfo na B e a Agrupación Folclórica Santiaguiños impoñíase na categoría D.
O certame congregou a centos de persoas que foron enchendo o recinto do centro cívico de Arteixo onte (domingo) en diferentes quendas ao longo da xornada. Participaron 46 grupos superándose as 300 persoas concursando.
A relación de premiados é a seguinte:
CATEGORÍA A (ata os 10 anos)
1º Grupo D Agrupación Cantigas e Agarimos
2º Moreniñas da Asociación de Música de Baile Vai de Roda de Rianxo
3º Titiriteiras da Asociación Cultural Folc. Tarambainas
Mellor vestiario: Grupo C Agrupación Cantigas e Agarimos
CATEGORÍA B (De 11-13 anos)
1º Retranqueiros da Asociación Cultural Retranqueiros de Bertamiráns
2º 10 de 10 da Escola Municipal de Folclore de Betanzos EMUF
3º Tarandeiras da Asociación Cultural Xacarandaina
Mellor vestiario: Retranqueiros da Asociación Cultural Retranqueiros
CATEGORÍA C (De 14-17 anos)
1º Grupo B da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
2º Meiroqueiras da Agrupación Folclórica Santiaguiños de Boimorto
3º Gharabullos da Asociación Cultural Folclórica Tarambainas de Vigo
Mellor vestiario: Gharabullos da Asociación Cultural Folclórica Tarambainas de Vigo
CATEGORÍA D (De 18 anos en diante)
1º Barrulleiras da Agrupación Folclórica Santiaguiños de Boimorto
2º Lina e Lola da Asociación Cultural Peis d´Hos de Cangas
3º Mozos da Ronda da Asociación Cultural Donaire da Coruña
Mellor vestiario: Meniñas Asociación Cultural Folclórica Tarambainas de Vigo
Nas catro categorías (A, B, C e D) os premios eran os seguintes:
1º premio: 300 €
2º premio: 200 €
3º premio: 100 €
Premio ao mellor vestiario en cada categoría: trofeo.
QUEN SOMOS
A Asociación Xuvenil Xiradela, radicada no municipio de Arteixo (A Coruña), nace no ano 1982 co obxectivo de recuperar o noso folclore e gozar do tempo libre, así como de colaborar con outras asociacións ou entidades que nos permiten, por unha banda difundir o noso traballo, e por outro, axudar a promover a socialización dos mozos con xente doutras asociacións.
Comezamos impartindo baile tradicional, e logo ampliamos a oferta ás actividades de pandeireta e canto tradicional, gaita e percusión.
A partir do ano 1984 créase un grupo de investigación para a recollida de música, cancións, literatura oral, costumes, bailes e traxes dos nosos antepasados, a súa recuperación e divulgación, pretendendo ser o máis fieis posible á máis pura tradición galega.
Ademais do concurso de música, desde o ano 1987 celebramos o Día da Muiñeira en Arteixo no mes de xuño. Trátase dunha exhibición na rúa de bailaríns da peza máis emblemática do noso folclore.