· O director de “The Monkey”, Xosé Zapata, cedeu o galardón ao Concello para que poida ser desfrutado “polo pobo no que nacín e crecín”.
O premio Goya á Mellor curtametraxe de animación xa descansa nunha vitrina na Casa da Cultura de Carral. O director de “The Monkey”, Xosé Zapata, decidiu ceder o galardón ao Concello para que poida ser desfrutado “polo pobo no que nacín e crecín”.
Na vitrina atópanse, así mesmo, os premios recibidos por outros dous veciños ilustres: o 44º trofeo do Rally Islas Canarias, que conquistou Iván Ares, e o do 20º Maratón Popular de Valencia, acadado por José Antonio Varela Calviño. Proximamente, Iván Morales cederá tamén algunha das medallas acadadas.
O concelleiro de Cultura e Deportes, Francisco Bello, sinala o “gran orgullo” que supón para todo o Concello poder contar con veciños e veciñas que “despuntan, dun xeito tan notorio, no eido cultural e deportivo”.