· Esta iniciativa faise conxuntamente entre a Biblioteca Municipal de Camariñas e o CEIP O Areal.
O Concello de Camariñas, a través dunha acción conxunta entre a Biblioteca Municipal de Camariñas e o CEIP O Areal, conmemora o Día do Libro cunha actividade que conecta os libros, a danza e a festividade de San Xurxo e que leva por nome ‘Danza de libros polo San Xurxo. Queres bailar?’.
Esta iniciativa nace aproveitando o espectáculo de danza (programa Escora) da Deputación da Coruña, programado para o 23 de abril. Os libros bailarán de diferente xeito segundo a súa temática, como por exemplo:
• Os libros de amor bailan en parellas
• Os libros de medo e suspense bailan sos
• Aos libros de aventuras gústalles bailar en grupo
• Os libros de ciencia ficción bailan raro?
O reparto para cada curso:
• Educación Infantil: Contos Infantís
• 1º Primaria: Libros de Ciencias
• 2º Primaria: Libros de Humor
• 3º Primaria: Libros de Aventura
• 4º Primaria: Cómics
• 5º Primaria: Libros de Terror
• 6º Primaria: Libros de Amor
Cada clase realizou unha breve selección de libros da temática asignada, coñecendo así as características principais de cada tipo de lectura. Ademais diso, elaboraron un mural creativo sobre as ideas que lles suxeriu a temática de cada libro e relacionárano coa danza e a festividade de San Xurxo.