“Este é o primeiro ano na historia do Concello que se pecha o exercicio orzamentario a 30 de decembro”, sinala a responsable de Economía, Marta Abal.
“Non é boa sinal”, sinala a concelleira, “que un partido que pretende ser opción de goberno, non saiba como funciona a maquinaria administrativa dun concello.
A concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, aclarou hoxe que o superávit real do Concello de Santiago é de 8,5 millóns de euros, e non de 24 millóns de euros como insinuaron hoxe desde o Grupo Municipal Popular.
“Este é o primeiro ano na historia do concello, o primeiro ano, que se pecha o exercicio orzamentario a 30 de decembro”, sinalou. A causa foi a “efectiva implantación da administración electrónca”. Os anos anteriores, continuou, nunca se fixo un peche en real, pechándose o exercicio en marzo ou incluso en abril do ano seguinte”.
A tamén concelleira de Modernización da Administración local adiantou que, “agora que temos a liquidación, emitida por certo en prazo, procederase á tramitación e pago das obrigas pendentes. Incidir en que se houbésemos pechado en marzo ou abril, como sempre se fixo neste concello, non existíran apenas facturas pendentes de pago”.
Para a concelleira, coa implantación da administración electrónica, “estamos ante un cambio impresionante no modo de xestión. O ano 2021 foi o primeiro ano, e válenos para aprender e mellorar. E a experiencia permitiranos adoptar medidas correctoras para esa mellora continua”.
“Non é boa sinal”, engadiu Marta Abal, “que un partido que pretende ser opción de goberno, non saiba como funciona a maquinaria administrativa dun concello. Non é bo, nin para a administración, nin para a cidadanía; e a proba son os catro anos de mandato do PP en Santiago”, finalizou.