A Consellería de Política Social achega este ano máis de 90.000 euros á Fundación Ronsel para poñer en marcha programas de inclusión sociolaboral dirixidos a persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá a sede da entidade e mantivo unha reunión de traballo cos seus representantes.
Arturo Parrado destacou o compromiso da Xunta de Galicia de manter a colaboración coas entidades sociais, que son aliados imprescindibles para axudar ás persoas que se encontran en risco de exclusión. Deste xeito, sinalou que entre o 2020 e o 2022 o Goberno galego destinou preto 400.000 euros para desenvolver diferentes programas de inclusión.