Un total de 31 artistas (20 pintores e 11 escultores) están a exhibir as súas creacións no Centro Cultural Lustres Rivas na exposición “Entre Mares. Mostra Colectiva de Arte Local e Galega”, organizada polo Concello de Riveira en conxunto con O Faiado-Tenda Galería.
O alcalde Manuel Ruiz Rivas e a responsable desta última entidade, Eugenia Gómez Vidal, encargáronse de intervir nun acto inaugural que contou cunha masiva presenza de público (entre o que se contaba boa parte dos artistas participantes) e que se abriu e pechou con dúas pezas musicais do guitarrista Paul Álvarez.
De igual xeito, os visitantes tiveron oportunidade de obter o magnífico catálogo realizado para a ocasión, con fotografías de Virginia González.
Boa parte dos artistas implicados son de Riveira ou están estreitamente ligados a esta terra, como Maralla, Gonzalo Sarasquete, Xoán Fernández, Paco Casal, Jontxu Argibay, Antonio Pérez, Mónica Ayaso, José Antonio Gude Teira, Carmen Sampedro, Josías Figueirido, Beatriz Martínez del Campo y Ricoy, e Loli Regueira.
O resto de creadores que forman parte da mostra son Novais, Óscar Cabana, Santarelli, Belén Rodríguez, José Navas, María José Pampín, Susana Bermejo, Cillas Seyde, Sergio Martínez Fernández, Emilio Peláez, Raquel Arbizu, Arcaitz Rodríguez Brague, Víctor Martínez Cabanas, Nuco Losada, Ana Germade, Elia Núñez, María Luisa Vidal, Óscar Bonigno e Cipriano Chas.
A mostra poderá ser visitada ata o vindeiro 5 de setembro.