Saturday 16 de November de 2024

O Concello réndelle homenaxe ás Mulleres do 10 de Marzo de Ferrol, “defensoras dos valores da democracia”


O Salón de Sesións do Pazo Municipal de María Pita acolleu esta mañá o acto de recepción a trece das Mulleres do 10 de Marzo de Ferrol, nunha homenaxe organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) en colaboración coa Concellaría de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego.

O concelleiro Jesús Celemín, acompañado por Fernando Souto, presidente da CRMH na Coruña, puxo en valor o legado das mulleres homenaxeadas, distinguidas este ano como Republicanas de Honra polo seu papel nos sucesos de Ferrol do día 10 de marzo de 1972, “reivindicando as liberdades sociais en tempos difíciles, tamén para recuperar dereitos fundamentais da cidadanía”, sinalou Celemín.

Ao acto asistiron, ademais, numerosos familiares e achegados das Mulleres do 10 de Marzo de Ferrol, fundamentais na loita pola amnistía dos presos políticos a raíz dos sucesos daquela xornada de represión no ano 1972. “É xusto recoñecer a vosa dimensión social para que o país voltase ao camiño da democracia, porque vós sodes defensoras dos seus valores”, agregou Celemín.