Friday 22 de November de 2024

Neda sitúase como o concello da provincia de menos de 10.000 habitantes que máis horas presta no Servizo de Axuda a Domicilio en libre concorrencia


O Concello recibirá da Deputación unha achega cercana aos 230.000 euros para a prestación de máis de 16.700 horas anuais aos seus veciños e veciñas

O Concello de Neda situarase neste 2022 como o municipio da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes que máis horas presta no Servizo de Axuda a Domicilio en libre concorrencia. Un servizo clave para a atención das persoas dependentes e de avanzada idade da localidade e unha aposta clara do equipo de goberno polas políticas sociais e a protección daqueles colectivos máis vulnerables. Na mesma, a colaboración da Deputación provincial da Coruña resulta clave, e neste 2022, o Concello nedense recibirá unha achega de 229.598,96 euros para financiar o servizo.

Será a través do Programa de Financiamiento dos Servizos Comunitarios Municipais aprobado pola institución provincial. A cuantía desglósase do seguinte xeito: 18.000 euros resérvanse para financiar a contratación dun/ha administrativo/a C1 ou C2; 11.000 euros para un/ha técnico/a A2 e 200.598,96 euros, para persoal auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para a prestación do servizo en libre concorrencia.

Isto tradúcese na prestación de ata 16.716,58 horas.