Saturday 16 de November de 2024

O estadio da Alta será escenario neste 23 de abril dunha nova xornada de atletismo


O calendario deportivo continúa no municipio pobrense cunha nova xornada de atletismo en pista que terá lugar no 23 de abril, no estadio municipal da Alta, e que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte coa colaboración da Federación Galega de Atletismo (FGA), a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal -da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra)- e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.

Esta cita deportiva comprende as categorías infantil e cadete, tanto masculino coma feminino. A xornada está previsto que transcorra en horario de 09.30 a 14.00 horas e reunirá as probas de salto de lonxitude, lanzamento de peso, salto de altura, triplo salto e xavelina.