O acto terá lugar este xoves, a partir das 19 horas
Ás portas da celebración do Día do Libro, a Casa das Palmeiras de Neda acollerá este xoves, 21 de abril, a presentación de “Gomets”, da escritora naronesa María Isabel Cagiao Branco. Será a partir das 19 horas, con entrada libre previa reserva de praza chamando ao 981 39 02 33. Trátase da primeira novela da autora, que vén de publicar estes días a segunda parte, “Gomets II”, e xa traballa na terceira. Unha obra na que Neda está presente.
O libro, que vai xa pola súa terceira edición, aborda millóns de aventuras e desventuras entrelazadas en distintos lugares máxicos con personaxes moi peculiares e diferentes. Todos conviven nesas fermosas paraxes coas súas medias verdades e medias mentiras. Un relato como a vida mesma, ou quizais inventado.