Centos de persoas se achegaron xa ao Mercado de Semana Santa organizado polo Concello en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Hostalaría de Ortigueira (ACO).
A iniciativa, que estará dispoñible ata mañá, domingo 17 de abril, busca promover o comercio local e de proximidade.
O mercado está localizado na Alameda de Ortigueira e conta con postos da Comisión de Festas de Santa Marta, do Centro Óptico María Mera, Goga Moda, A Tapería, D&V Moda, Multiprecios Ortigueira, Fátima Pena, La terraza de Laura – Bico de xeado, Seguros Generalli, Moda Masha, Estilo Estética Yorgina, Empanadería Cantón, Pirogravado Aitor, Leiras Ortegal y AGA Ortegal.
Co fin de animar as compras, o Concello organiza tamén actuacións musicais. Mañá, ás 13.00 horas, está prevista a actuación da Banda de Música de Ortigueira.