O número de persoas rexistradas no paro en Santiago no pasado mes de marzo baixou ata 8.089, cifra inferior a que houbo na cidade neste mes nos pasados catro anos
Santiago vivíu na pasado mes de marzo a baixada porcentual máis importante dos últimos dez anos no número de persoas rexistradas no paro neste mes, cun descenso do 2,66%. Con esta caída, o número de persoas rexistradas no paro na cidade situouse en 8.069, un 10,17% menos que en marzo do ano pasado.
Os datos do mes de marzo continúan coa tendencia positiva que vive a evolución do paro na cidade dende mediados do ano 2013. Esta tendencia positiva fai que hoxe haxa 1.700 persoas menos rexitradas no paro que no mes de marzo de hai dous anos e que sexa a cifra máis baixa na cidade no mes de marzo dos últimos catro anos.
A evolución no mes de marzo en Santiago continúa sendo mellor que en Galicia e que no conxunto de España, tal como ven sucedendo dende mediados do 2013. O descenso en marzo en Santiago foi do 2,66%, medio punto mellor que o 2,1% que baixou en Galicia e máis dun punto mellor que o 1,33% que baixou en España.
A previsión é que nos vindeiros meses continúe o descenso no paro na cidade. Os bos datos de Semana Santa dende o punto de vista turístico prevén unha temporada turística alta que continúe coa recuperación do sector que comezou o ano pasado e que pode convertirse nunha fonte de creación de postos de traballo e de dinamización da economía local.
Dende o Concello de Santiago quere facerse unha valoración positiva pero prudents destes datos do mes de marzo, como se ven facendo dende o comezo da recuperación económica da cidade. Trátase dun dato positivo que mostra a forza da recuperación da economía de Santiago, pero ao mesmo tempo amosa que hai un número importante de persoas que están vivindo situacións persoais moi difíciles na cidade.