Thursday 21 de November de 2024

Arrinca a I edición do Mercado de Semana Santa, organizado polo Concello dentro da súa aposta polo comercio e a hostalería local


· O goberno local, en colaboración con ACO Ortigueira, celebra a feira o 15, 16 e 17 de abril na Alameda de Ortigueira en horario de 10:00 a 20:00 horas.

Hoxe deu comezo a I edición do Mercado de Semana Santa, organizado polo Concello en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Hostalería de Ortigueira ( ACO), dentro da súa aposta polo impulso e a promoción do comercio local e de proximidade co seu primeiro mercado de Semana Santa.

Este está a desenvolverse na Alameda de Ortigueira ao longo dos días 15, 16 e 17 de abril en horario de 10:00 a 20:00 horas. Este espazo acolle os postos da Comisión de Festas de Santa Marta, Centro Óptico María Mera, Goga Moda, A Tapería, D&V Moda, Multiprecios Ortigueira, Fátima Pena, A terraza de Laura – Bico de xeado, Seguros Generalli, Moda Masha, Estilo Estética Yorgina, Empanadería Cantón, Pirogravado Aitor, Leiras Ortegal e AGA Ortegal.

O Concello organiza durante as mañás de mercado concertos musicais a cargo de agrupacións locais. Así pois, mañá ás 13:00 horas as persoas asistentes poderán gozar do concerto da Escola de Gaitas de Ortigueira e o domingo á mesma hora da Banda de Música de Ortigueira.

Dentro das actividades de dinamización na zona, tamén figura a colocación de inchables para diversión de nenos e nenas os tres días en horario de 17:00 a 20:00 horas.

Unha aposta polo comercio e a hostalería ortigueiresas

Este mercado enmárcase na firme aposta do Concello polo comercio e a hostalería local e de proximidade, á que se suman outras iniciativas realizadas con anterioridade como o outlet organizado o verán pasado no Malecón.