Cambio de última hora nas axendas que vos enviamos onte. A charla informativa prevista para este sábado trasládase ao Centro Cultural Francisco Piñeiro, en Abade. Vaivos a info de novo.
Sábado 16, 12:00h, Centro Cultural Francisco Piñeiro (Abade)
Xornada informativa sobre as axudas á vivenda rural e os fondos europeos
As empresas Ámbita Oficina Técnica Integral e Alalá Asesores ofrecen unha charla informativa sobre as diferentes liñas de axudas que se están a publicar nos últimos meses -financiadas con fondos europeos- para a adquisición, rehabilitación ou mellora enerxética das vivendas nos concellos rurais.
No encontro trataranse os seguintes temas:
A vivenda nos concellos de reto demográfico: Modelos de habitabilidade, achega ao mercado, condicionantes do prezo da vivenda, o papel dos concellos, etc.
Fondos Next Generation: Axudas para compra, aluguer e rehabilitación, modelos de financiación e beneficios fiscais
Requisitos técnicos: Memoria vs proxecto, eficiencia enerxética, normativa de rehabilitación…
A charla está aberta ao público en xeral e non require inscrición previa.