Friday 22 de November de 2024

Aperturada a nova vía que une Martín con Fontán e o paseo marítimo do Youro


O Concello de Riveira informa de que no día de hoxe tiveron lugar os traballos de pavimentación da nova vía aperturada co obxecto de unir o lugar de Martín con Fontán e o paseo do Touro.

Con este labor e a falta duns últimos detalles (como o pintado, etc…), xa está dispoñible para os usuarios este novo tramo de 43 metros de longo requirido polos veciños.

A actuación foi desenvolvida por Excavaciones Darío, SL, e incluíu tamén a dotación de servizos de abastecemento de auga, saneamentos fecais e rede de pluviais, ademais da canalización eléctrica subterránea. Hai unhas semanas retirábase un poste de media tensión situado na zona da actuación, algo imprescindible para permitir a circulación rodada.

A execución deste proxecto, que supuxo un investimento de 54.723,82 euros, revestía moita importanza para os veciños de Martín xa que, deste xeito, contarán con outra vía directa de conexión coa cidade a través do paseo marítimo do Touro.

No que se refire ao abastecemento de auga, instalouse unha tubaxe de polietileno de alta densidade de 75 milímetros de diámetro. Para saneamentos fecais colocouse un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro, en tanto que para pluviais un colector corrugado de PVC de 315 milímetros.

Pavimentación
Polo que se refire á pavimentación, empregouse unha mestura bituminosa en quente sobre base de zahorra.