Friday 22 de November de 2024

Mercedes Rosón responde ao aspirante a candidato popular á alcaldía: “Prefire dar unha información falseada porque so lle interesan os votos”


A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón respondeu hoxe ao aspirante a candidato popular a alcaldía de Santiago, quen aludía a demoras na concesión de licenzas. Rosón rexeitaba estas insinuacións, e sinalaba que o tamén deputado autonómico “prefire dar unha información falseada, porque o que realmente lle interesa son os votos e o poder”.

“E non o digo eu”, sinalaba a concelleira. “Dino ata os seus compañeiros. Nen lle interesa o rural, nin os nosos barrios, nin a nosa xente. So lle interesan os votos e o poder. Por iso se adica a dicir falsedades, sen ningún tipo de proba que as sustenten”. Mercedes Rosón é clara: “Se ao aspirante a candidato popular lle interesara Santiago, repasaría as Xuntas de goberno ordinarias celebradas durante este mandato, e vería que en todas elas, menos nunha, se aprobaron licenzas. Todo tipo de licenzas, tamén de actividades económicas e naves industriais. Nin se molestou en consultar unha información que é pública, e moito menos en contalas”. Rosón lembrou que durante este mandato, so nos polígonos industriais, se tramitaron unhas corenta licenzas, “e hai algunhas en tramitación que en breve incrementarán esa cifra”.

“Xa sabemos a opinión do aspirante a candidato popular nos asuntos que él selecciona, dos que adoita dar unha información sesgada e falsa. Como cando falou do “Plan de sustentabilidade/sostibilidade turística”, do que nin xiquera coñecía o nome; ou agora, no tema das licenzas”, sinalou Mercedes Rosón. “O que descoñece a cidadanía é a opinión do deputado autonómico Borja Verea sobre a política da Xunta de Galicia para abrir novos vertedoiros nas minas a ceo aberto que quedaron en desuso, como é o caso de Casalonga, ou Miramontes. Cal é a súa opinión? Sobre todo na canteira de Miramontes, porque creo que é un tema que á ex concelleira Ana Sabel lle importaba bastante”, pregúntase a concelleira.

“Estou segura que o señor diputado popular ten unha opinión formada deste asunto, xa que lembremos, foi secretario xeral da consellería de Economía, e a dirección xeral de Minas depende desta consellería. Creo, sinceramente, que a cidadanía de Santiago lle interesaría coñecela”, finalizou sinalando Mercedes Rosón.