Familias de estudantado do IES da Pobra do Caramiñal participaron na tarde do 7 de abril nun obradoiro impartido por parte dun equipo de psicólogos sobre o mal uso dos dispositivos móbiles. Esta acción complementa os talleres nos que participaron as catro aulas de 1.° da ESO do mencionado instituto ao abeiro do proxecto para a prevención de condutas adictivas no ámbito escolar posto en marcha pola Concellaría dos Servizos Sociais e o propio centro educativo no marco das xuntanzas periódicas que manteñen.
A actividade tamén contou coa asistencia da edil dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), e o director do IES, Alejandro Bobillo.