Imaxes tomadas por un veciño hoxe xoves sobre as 18:00h na zona de Amido, no curso alto do Xuvia e xusto no límite co concello das Somozas. As intensas chuvias de hoxe provocaron que a auga volva vir completamente enlamada, presumiblemente por mor das escorrentías da canteira situada preto do nacemento do río.
Este novo episodio de turbidez foille comunicado ao 112 e desde Medio Ambiente informaron ao Concello de San Sadurniño que xa enviaran persoal para inspeccionar a zona, tomar mostras e levantar a acta correspondente.