Acompañados dos seus profes, os estudantes de 5º e 6º curso de Primaria do CEIP de Maciñeira e 5º curso do CEIP San Isidro visitaron esta mañá a mostra de debuxo sobre a liña de tranvía entre Ferrol e Neda que asina Julio Ferrín na Casa das Palmeiras. O alcalde, Ángel Alvariño, e a concelleira de Educación, Ángeles Puentes, recibían aos nenos que, da man do artista e do escritor e investigador Tomás Casal, puideron realizar un percorrido pola historia do tranvía dende o mesmo inicio do proxecto en planos, en 1900. A exposición está aberta ao público en xeral de luns a venres, ata o 15 de abril, de 11 a 14 horas