• A procesión, que inicia o seu percorrido na Igrexa de San Miguel dos Agros, dará comezo ás 21 horas e percorrerá as rúas do casco histórico.
A Venerable e Ilustre Confraría do Noso Pai Xesús Nazareno e a Santísima Virxe das Dores, marca o inicio da Semana Santa ao ser a primeira procesión que abrirá o calendario compostelán.
Fundada no ano 1730 polos P.P. Pedro Chalatayud e D. Francisco Carbajosa, da Compañía de Xesús, e por aristócratas cabaleiros na capela de San Caetano; os seus fins foron nun inicio, entre outros, os de consolar, asistir, acompañar e funerar aos sentenzados á última pena. A tal fin, a dita Confraría ou asociación foille concedida en propiedade unha parcela no cemiterio de Pastoriza.
No ano 1738 incorporouse a esta Confraría a Archiconfraría de San Juan Degollado da Nación Florentina de Roma, en cuxa Bula de privilexio outorgado polos Romanos Pontífices consérvanse nos arquivos desta Confraría. Sendo no ano 1742 cando trasladou a súa sede á Igrexa de San Miguel desta cidade.
Posteriormente, noutra escritura do ano 1768 adquiriuse a Capela que da fronte ao altar da Virxe, en cuxa capela venérase a imaxe do Noso Pai Xesús Nazareno coa Cruz, obra de Ferreiro.
Entre as súas funcións relixiosas atópase o Triduo a Noso Pai Xesús Nazareno en Coresma e a solemne novena á Santísima Virxe das Dores que comezaba o pasado 4 de abril, e que remata o venres anterior ao Venres Santo.
Hoxe, día no que a igrexa celebra a súa festividade, dende a Confraría levaranse a cabo misas en horario de mañá ás 10 e 12 horas.
Xa pola tarde, a derradeira novena terá lugar ás 19.30 horas. Ao seu remate, ás 21 horas, comezará a procesión, na que a Virxe das Dores percorrerá o casco histórico acompañada pola escolta de gala da Policía Autonómica e da Banda Municipal de Santiago.
O percorrido será o seguinte:
Praza de San Miguel · Abril Ares · Campás de San Xoán · Praza da Inmaculada · SAMI da Catedral · Praza das Praterías · Rúa do Vilar · Praza do Toural · Rúa Nova · Conga · Preguntoiro · Praza de Cervantes · Algalia de Arriba · Praza de San Miguel dos Agros.
—
Más información sobre a confraría:
https://www.semanasantasantiago.es/miembro/confraria-das-dores/