A Concellaría dos Servizos Municipais da Pobra do Caramiñal informa de que, coa chegada do mes de abril, iniciáronse os traballos de limpeza dos areais do municipio para a súa posta a punto de cara a primavera.
A concelleira Estefanía Ramos (Nós Pobra) explica que as tarefas que se están desenvolvendo consisten na retirada mecánica e manual do argazo e materia inorgánica, ademais de nivelar a area, preparando así as praias para o bo tempo. Ademais, persoal municipal atópase coa roza e limpeza, tanto manual coma mecánica, na contorna dos paseos.