Saturday 16 de November de 2024

O aeroporto da Coruña recibe hoxe o primero voo de Málaga e mañá estrea conexión con Valencia


Esta mañá aterraban en Alvedro os pasaxeiros e pasaxeiras do primeiro viaxe Málaga-A Coruña-Málaga, operado pola compañía aérea Volotea Alvedro recuperou tamén este mes a conexión con Londres

Alvedro recibiu hoxe e os primeiros pasaxeiros da nova ruta que une Málaga e A Coruña. Esta mañá aterraba o primeiro voo procedente do aeroporto andaluz. Mañá, venres 8, chegará o primeiro procedente de Valencia. Coa chegada de ambos os voos A Coruña amplía a conexión con outras cidades españolas e continúa sumando destinos á súa oferta aérea, seguindo as políticas do Goberno de Inés Rey de potenciar o valor turístico da cidade a través das súas infraestruturas clave, ademais de ofrecer á cidadanía un mellor servizo, con máis destinos e conexións, desde o aeroporto.

A compañía Volotea cubrirá ambas as rutas con dúas frecuencias semanais en cada caso: na de Málaga, luns e xoves e na de Valencia, luns e venres. Estas novas ruta son froito da licitación pública que o Consorcio de Turismo e Congresos de A Coruña sacou a concurso a finais do pasado ano 2021. Os billetes xa están dispoñibles a través das súas canles oficiais.

Con esta conexión, A Coruña abre unha liña de novo mercado directo con Málaga e Valencia en dous eixes: como potencial vacacional, ampliando a conexión con estas dúas liñas directas e de baixo custo; e como atracción do mercado MICE de outras provincias españolas, avanzando no obxectivo de posicionar A Coruña como capital de grandes eventos e congresos.

A pasada semana, Alvedro recibía tamén os primeiros pasaxeiros da nova conexión coa cidade de Londres, sumándose á xa operativa con París-Orly nos destinos internacionais e dando conta da importancia que ten para o goberno de Inés Rey a potenciación do aeroporto local, buscando sumar rutas que fomenten o turismo na Coruña e ofrezan alternativas para viaxar desde a cidade.