• O Concello de Miño, tras o éxito da receita do Bolo Mariñeiro, impulsa unha degustación aberta e gratuita para á cidadanía este sábado 9 de abril ás 13 horas no Parque da Rúa.
Un bolo de pan artesán recheo dunha crema que se elabora con produtos locais tanto da terra como do mar. Cun toque de queixo é ao forno uns minutiños. Esa é a base do éxito do Bolo Mariñeiro. Unha receita que os hostaleiros de Miño crearon grazas ao programa de “Cociña Mariñeira” que impulsou o concello e impartiu Antonio Amenedo. Agora o resultado, O Bolo Mariñeiro, poderá degustarse a partir deste sábado 9 de abril na hostalería.
Debido ao interese que despertou tanto nos hostaleiros coma nos afortunados que lograron catar o Bolo, dende o Concello de Miño, non dubidaron en apostar por un producto gastronómico que representa en palabras do alcalde Manuel V. Faraldo a idiosincrasia do municipio de Miño: “O Bolo Mariñeiro incorpora os ingredientes de calidade que temos na nosa contorna e na nosa vila e supón unha oportunidade para convertir produto gastronómico local moi atractivo ”.
Por iso este sábado 9 de abril ás 13:00 horas o Concello de Miño organiza unha degustación do Bolo Mariñeiro como acto de presentación do produto ante a veciñanza. O evento contará coa elaboración en directo da receita por Antonio Amenedo e rematará coa degustación. Ademais o showcooking conta co patrocinio de Estrella Galicia que ofrecerá unha maridaxe do seu produto para acompañar a degustación. O aforo é de 350 persoas que se completará por orde de chegada.
Tras o acto de promoción a veciñanza e os visitantes poderán mercar e degustar nos diferentes establecementos de hostalería o Bolo Mariñerio de Miño.