Monday 25 de November de 2024

Trenor recibe aos profesores que participan no proxecto Modern Teacher


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, recibiu aos profesores que participan no proxecto “Modern Teacher” no que participan escolas rurais orientado a nenos de infantil, primeiro e segundo de primaria, iniciado en 2020 con dous anos de duración.

Esta iniciativa consiste na celebración de obradoiros con métodos de ensinanza innovadores con profesores de Rumanía (país coordinador e experto nestes instrumentos), Eslovaquia, Turquía, Estonia, Grecia e España.

Nesta visita en España durante o mes de abril se celebrarán obradoiros sobre impresión 3D, escarnabot e lápices 3D. Posteriormente, en maio o proxecto trasladarese a Turquía para rematar en xuño en Slovaquia.