O pleno provincial aprobou na súa última sesión esta achega, que representa o 80% do orzamento total
O pleno provincial aprobou o pasado venres un convenio de colaboración co Concello de Santiso polo cal o goberno local recibirá 165.206,94 euros para renovar as cubertas dos seus polideportivos municipais en Visantoña.
En concreto, vaise substituír o tellado do recinto sito en Visantoña e en Agro do Chao que pasarán a ter chapa de aceiro, prelacada de cara ao exterior e galvanizada no interior. Tamén se procederá á colocación de placas de poliéster reforzado e translúcido, co obxecto de que proporcionen luz natural durante as horas do día.
A obra completarase coa reposición de baixantes e caleiros de pvc. O custe total do proxecto ascende a 171.205,56, dos que a Deputación da Coruña financiará o 80%.