Thursday 21 de November de 2024

A Deputación da Coruña achega 25.023,95 euros a aclad para o seu programa de atención a enfermos con patoloxía dual


Esta cantidade permitirá financiar o 80% dos gastos derivados deste servizo

A Deputación da Coruña volve colaborar de novo coa Asociación Ciudadana de Lucha contra la Droga (ACLAD) subvencionando os seus programas de atención aos usuarios.

Desta volta, no último pleno provincial celebrado o pasado mes de marzo, aprobou un convenio de colaboración de 25.023,95 euros para o seu programa de atención a enfermos con patoloxía dual. Con esta achega poderá financiar o 80% do orzamento total dun proxecto que ofrece unha atención de calidade a pacientes cunha problemática psicopatolóxica maior asociada aos novos patróns de consumo de sustancias.

A asociación desenvolve este programa na comunidade terapéutica de Fonte do Ouro, con sede en Culleredo pero na que se atenden pacientes de toda a provincia.

Esta achega forma parte da filosofía da Deputación de, non só manter, senón aumentar os fondos destinados aos servizos sociais e entidades sen ánimo de lucro.