· Este proxecto, liderado pola FEMP, suma a 400 entidades locais que implementan nos seus territorios políticas e actuacións encamiñadas a alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
· En Galicia forman parte desta rede, contando con Cariño, 17 municipios e 2 deputacións.
O Concello de Cariño aprobou en pleno a súa entrada na Rede de Entidades Locais para a Axenda 2030 da Federación Española de Municipios e Provincias, unha suma de catrocentas entidades locais que implementan nos seus territorios políticas e actuacións encamiñadas a alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS).
En Galicia forman parte desta rede, contando con Cariño, 17 municipios e 2 deputacións. A adhesión supoñerá a realización dun plan no que se inclúan esas políticas municipais en materia de desenvolvemento sostible. Ademais, o Concello organizará un proceso participativo para dar a coñecer a folla de roteiro marcado a entidades, asociacións de veciños…
Un plan de acción que debe atender ás particularidades de cada territorio, implementando a Axenda 2030 en colaboración activa coa cidadanía, o tecido empresarial e social, o terceiro sector, o ámbito académico e cultural e, en definitiva, o compromiso e a implicación de toda a sociedade para cumprir cos ODS no prazo convido.