Un total de trinta veciños e veciñas de Frades participaron no “Mes da Saúde”, unha iniciativa organizada polo Concello de Frades que incluíu catro xornadas no Hotel Balneario Compostela. Unhas sesións nas que desfrutaron dun circuíto termal que inclúe piscinas de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes. O Concello de Frades subvencionou o 70% do custo desta iniciativa e puxo un autobús a disposición das persoas participantes, que os recolleu polas parroquias.