A programación de primavera do ciclo Todo Público, que conta con máis de trinta anos de traxectoria, continuará ata inicios do mes de xuño
O auditorio do Fórum Metropolitano acolle, este sábado 2 de abril, o terceiro dos espectáculos de artes escénicas que abrangue a programación de primavera do ciclo Todo Público, ideado para o público familiar e que, ata inicios do mes de xuño, ofrecerá sete representacións de contidos e técnicas variadas para nenas e nenos en idades de 3 a 12 anos.
O espectáculo previsto para esta fin de semana, ‘Ningures’, leva o selo de Teatro ó Cubo, unha compañía galega de artes escénicas formada por Sofía Espiñeira e Roberto Casal. directores, autores e intérpretes da peza. Desde o ano 2016, Espiñeira e Casal producen pezas teatrais orientadas ao público infantil e familiar apostando pola danza e os monicreques. ‘Ningures’ achega un lugar imaxinario ideal desde onde os dous protagonistas, Rita e Denis, trazan un camiño sen fin que atravesa mundos marabillosos e pon o foco na importancia da aprendizaxe.
‘Ningures’, que comezará ás 18.00 horas e ten unha duración aproximada de 50 minutos, está especialmente recomendado para o público familiar a partir dos 5 anos.
As entradas para asistir ao espectáculo, xa á venda, terán un custo de 6 euros para o público xeral e de 2 euros para as/os menores de 3 anos. Ademais, tamén hai a posibilidade de adquirir un abono familiar (con tres entradas para unha mesma función) por 15 euros. Os pases están dispoñibles na web de Ataquilla.com, e tamén están á venda no despacho de billetes da praza de Ourense (de luns a venres, de 11.00 a 15.00, e de 16.30 a 19.30 horas, agás festivos), así como no despacho de billetes do Fórum Metropolitano desde unha hora antes do comezo do espectáculo, sempre que haxa entradas dispoñibles.
Un total de sete espectáculos na programación de primavera
Tras ‘Úniko’, ‘Feirantes’ e ‘Ningures’, o auditorio do Fórum Metropolitano acollerá outros catro espectáculos dentro do ciclo Todo Público ata comezos de xuño. Haberá espazo para o teatro físico e xestual, a danza, os monólogos teatralizados e os contacontos con obxectos e cancións. As funcións e datas previstas son as seguintes:
● 7 de maio: Quixote (Pedras de cartón).
● 21 de maio: Con la cabeza en las nubes (Eugenia Manzanera).
● 28 de maio: Cris, la pequeña valiente (El Espejo Negro).
● 4 de xuño: Tic Tac, el héroe del tiempo (Omar Álvarez Títeres).
‘Todo Público’, un ciclo con máis de trinta anos de vida
O Concello da Coruña foi pioneiro na programación de teatro para nenos e nenas cos seus ciclos ‘Todo Público’ e ‘Todo Público Escolar’, un dos primeros programas de teatro familiar e escolar a nivel nacional que plantexou centos de espectáculos e funcións. Así, desde hai34 años, de forma ininterrumpida, incluso nos tempos de pandemia.