O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 31 de marzo, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación, a cal contou coa ausencia do concelleiro Manuel Durán (PP). A concelleira Genoveva Hermo (Nós Pobra) ausentouse nos puntos 1 e 2. A orde do día foi a que figura a seguir:
1. Aprobación actas anteriores (3 de xuño, 29 de xullo e 30 de setembro 2021).
2. Proposta de alcaldía (a petición do sector mexilloeiro) relativa á derogación do artigo 13.2 do decreto 153/2016 polo que se regula a conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas. Foi exposta por Manuel Fernández López, representante dos mexilloeiros. Aprobada por unanimidade.
3. Proposta de alcaldía para aprobación da constitución da mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero do Concello da Pobra do Caramiñal. Aprobada por unanimidade.
4. Proposta de alcaldía para aprobación da adhesión á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes (Red DTI). Aprobada por unanimidade.
5. Aprobación ordenanza de circulación do Concello da Pobra do Caramiñal. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 4 en contra (PP).
6. Moción do grupo municipal do BNG relativa ás actuacións que deben impulsar os gobernos galego e central para mitigar o impacto do medre disparado da inflación na sociedade e economía galegas. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 4 abstencións (PP).
7. Moción do grupo municipal do PP en relación a establecer un plan de axudas para as familias do noso municipio. Denegada con 4 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
8. Moción do grupo municipal do PP en relación a axudas para os clubs e asociacións do noso municipio. Denegada con 4 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, posteriormente, dar paso ao seguinte asunto de urxencia.
1. Moción do grupo municipal do BNG relativa á postura do goberno central no que respecta ao conflito do Sáhara. Aprobada a urxencia con 7 votos a favor (BNG e Nós Pobra), 1 abstención (PSdeG-PSOE) e 4 en contra (PP). Aprobada a moción con 7 votos a favor (BNG e Nós Pobra) e 5 abstencións (PP e PSdeG-PSOE).
Finalmente, abordouse a quenda de rogos e preguntas