Friday 22 de November de 2024

“Música en familia”, a proposta coa que a EMCO reúne a amigos e familiares nun ciclo de máis de 60 concertos


· Segundo sinalan desde a EMCO, a través desta iniciativa “buscamos avanzar na desescalada e na nova normalidade con concertos en pequeno formato a nivel de número de asistentes, pero de gran calado humano, social e familiar”.

A Escola de Música Concello de Ortigueira ( EMCO) programa un ciclo de máis de 60 miniconciertos nos que os e as participantes compartirán a música cos seus familiares e amigos. Coa iniciativa “Música en familia” búscase conectar ás persoas a través da cultura. A proposta desenvolverase desde o 1 ao 8 de abril de 2022.

No ciclo a música converterase en nexo entre membros da familia, mesmo para aqueles que se atopen lonxe de Ortigueira, que poderán seguir os concertos desde calquera punto a través da transmisión dixital dos encontros. Así pois, prevese que as actuacións cheguen a países como Australia, Estados Unidos ou Reino Unido, así como a diferentes recunchos de toda a xeografía española.

Os espectáculos son públicos con invitación (cada familia dispoñerá dun número de entradas) ata completar o aforo. Os horarios destes poderán consultarse no taboleiro de anuncios da EMCO.

Segundo sinalan desde a EMCO, a través desta iniciativa “buscamos avanzar na desescalada e na nova normalidade con concertos en pequeno formato a nivel de número de asistentes, pero de gran calado humano, social e familiar”.