Friday 22 de November de 2024

Mariñas Coruñesas resalta os seus produtos certificados en Madrid Fusión 2022


• Varias empresas do territorio presentaron neste congreso as súas propostas da man de Turismo da Coruña

• Esta colaboración vén derivada das Xornadas de Territorio Atlántico, nas que cociñeiros da cidade coruñesa utilizaron materias primas da Reserva de Biosfera para as súas elaboracións

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo resaltou os seus produtos certificados, da man de Turismo da Coruña, no congreso global de gastronomía ‘Madrid Fusión 2022’.

Varias empresas que contan co selo de marca de calidade da Reserva de Biosfera presentaron no primeiro congreso global de gastronomía as súas propostas xunto a cociñeiros coruñeses. Esta colaboración vén derivada das Xornadas de Territorio Atlántico, que van camiño da súa terceira edición e nas que se pretende dar a coñecer a materia prima do territorio.

A cabaza, espinaca e salsa maltesa de Seitura, xunto co vermut ecolóxico de Fogar do Santiso, foron os protagonistas na xornada do luns. O martes, os cocinceros David Pérez, da Penela, e Moncho Méndez, de Millo Orzán, empregaron o viño de Lorenzo Bescansa para acompañar as súas creacións.

Ademais, na primeira xornada, Paula Patiño, de Acastrexa, impartiu o taller de “Enriquecer os teus pratos con arte culinaria coruñés”, onde elaborou unha tosta de requeixo de Queixos Cagiao cun untable de kiwi da súa propia marca e unha sardiña confeitada. Onte, Miguel Ángel Roig, de Vos Biosbardos, explicou aos asistentes como cultivar no territorio das Mariñas en “ Leira Atlántica: no berce do produto”.