Realizaranse traballos de poda e retirada de polas perigosas
O Concello de Cabanas inicia hoxe a realización de tarefas de mantemento no Piñeiral da Madalena, uns traballos que teñen por obxectivo a poda e retirada de polas perigosas, para o que se contará cunha empresa especializada en arboricultura, por tratarse dunhas tarefas moi específicas e dificultosas pola envergadura da arboreda.
O obxectivo destes traballos, que se desenvolverán de maneira periódica cada dous meses, é manter a saúde deste espazo emblemático do Concello de Cabanas, que utilizan tanto a veciñanza como as persoas que nos visitan, e que durante os meses de verán acolle milleiros de persoas cada xornada.