O Concello da Pobra do Caramiñal inicia no 31 de marzo unha campaña de control da velocidade nas rúas urbanas e rurais do municipio.
Segundo explica o concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), os controis serán efectuados por parte dos axentes da Policía local en puntos de maior risco e, para tal cometido, contaranse con medios cedidos temporalmente pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), mediante un vehículo radar.
O obxectivo desta campaña é reduci-la sinistralidade e mellora-la seguridade viaria no termo municipal, especialmente nos núcleos rurais.
Cómpre lembra-la importancia de respecta-la sinalización e levar a cabo unha condución segura.