No 18 de abril conmemórase o Día Internacional dos Monumentos e Sitios, polo que a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza unha andaina comentada coa cal redescubrir algúns dos enclaves máis emblemáticos da localidade relacionados co ronsel valleinclaniano segundo deu a coñecer a edil da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), acompañada de persoal municipal adscrito ao Museo Valle-Inclán, Araceli Abad e Dolores Devesa.
A dita cita cultural terá lugar no 3 de abril, a partir das 11.30 horas. Elíxese esta data para así non solaparse con outras actividades xa programadas pola Semana Santa.
O percorrido comezará na igrexa de Santa María A Antiga do Caramiñal para, deseguido, achegarse ata a Torre de Xunqueiras, a praia dos Areos e concluír a travesía no Museo Valle-Inclán. A duración aproximada é de 45 minutos e a dificultade é baixa. Contarase coa colaboración da Deputación da Coruña e da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe.
A actividade é de balde e as persoas interesadas en participar deben inscribirse no teléfono de contacto 981831662.