Friday 22 de November de 2024

Unha vintena de veciños e veciñas de Touro participan no curso de cestería para recuperar a tradición dos vellos oficios


Unha vintena de veciños e veciñas participa no curso de cestería organizado un ano máis polo Concello de Touro coa finalidade de aprender os vellos oficios e recuperar a tradición. Durante o tempo da pandemia da Covid19 non se celebrou esta iniciativa formativa. E o Concello de Touro retoma agora este curso que ten moita demanda entre a veciñanza. O pasado sábado foi a primeira aula na Casa da Cultura de Touro, impartida por un mestre cesteiro de Rois. O participantes, para a elaboración dos cestos, utilizarán materiais naturais como bimbios, salgueiros, mimosas e médula. Esta iniciativa, que trata de recuperar as vellas tradicións artesanais, comenzou a súa andaina no Concello de Touro fai arredor de dez anos. Os asistentes, acompañados da concelleira de Educación, Cultura e Deporte, Adela Iglesias, iniciaron o curso que terá lugar os sábados da primavera.