A poeta uruguaia Ida Vitale (Montevideo, 1923) participará esta tarde, acompañada por Manuel Rivas, dentro do ciclo Poetas Di(n)versos. A case centenaria escritora visitou esta mañá o Pazo Municipal de María Pita, acompañada pola súa filla, Amparo Rama, e pola poeta Yolanda Castaño, organizadora do recital poético que se realiza no Ágora.
Vitale foi recibida pola alcaldesa, Inés Rey, que a obsequiou cunha reprodución da Torre de Hércules. A escritora, galardoada co premio Cervantes no ano 2018, interesouse pola historia do faro romano e destacou a beleza e hospitalidade da Coruña, cidade que visita por vez primeira.