A Torre de Hércules ilumínase de morado con motivo da andaina solidaria #ImportaEMoito, impulsada co gallo do 8-M
Multitude de coruñesas e coruñesas participaron na tarde-noite de hoxe na décima edición da carreira popular Torre de Hércules e a II Andaina Solidaria #ImportaEMoito, impulsadas pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación.
A II Andaina Solidaria #ImportaEMoito, que se atopa dentro do programa de actividades do Concello polo 8-M, Día Internacional da Muller, tivo un percorrido similar ao da proba do circuíto. Ademais, e co gallo da celebración da andaina, a Torre de Hércules iluminouse de cor morado ao comezo da mesma para reforzar a mensaxe solidaria desta iniciativa, na que os donativos das persoas participantes destinaranse, de forma íntegra, á entidade Juan Soñador, que leva a cabo accións de acollida e información para mulleres migrantes a través do seu programa Círculos de Mulleres – Malaikas.