· Acolle o Torneo do Club XR no que participarán as mellores deportistas galegas
· O Concello espera a participación de preto de 140 ximnastas e a chegada de máis de 300 persoas ao municipio
Carral volve a ser o epicentro da ximnasia rítmica de Galicia unha vez máis. O Polideportivo de Carral acollerá mañá sábado a 7ª Edición do clásico torneo de Ximnasia Rítmica organizado polo club X.R. Carral coa colaboración del Concello de Carral. Un total de 73 ximnastas participarán no torneo e 64 na exhibición que comezará mañá sábado ás 9.30 horas e que se alongará ata as a 13.30 horas aproximadamente, cando remate a entrega prevista de trofeos. Co fin de evitar aglomeracións o torneo articularase en catro bloques (dous de exhibición e dos de torneo).
Canto ás categorías, o Torneo acollerá a presenza dos equipos senior, cadete, infantil, alevín, e xuvenil dos equipos club X.R. Carral, Colexio Obradoiro, Club Deportivo XR Compostela, Club Viravolta de Santiago, Club de Ximnasia Oroso, Club Biqueira, e Club Xiada.
Destaca a exhibición de Helena Blanco, do Club XR de Carral e de Marta Barros que acompañarán ao resto de exhibición equipos dos clubes Viravolta (xuvenil, cadete e infantil), e aos conxunto alevín de promoción de Carral.
O Concello espera a chegada de máis de 300 persoas ao municipio entre os participantes, adestradores, equipos técnicos e familias de toda Galicia.