O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá nunha xornada organizada pola Fundación Fita para poñer de relevo o impacto que este problema está a causar entre a poboación máis nova
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfico, Jacobo Rey, participou esta mañá na inauguración na Xornada de sensibilización dos trastornos alimentarios, organizada pola Fundación Fita para concienciar sobre o impacto que están a ter entre a poboación, especialmente na mocidade.
O director xeral sinalou que é imprescindible concienciar e sensibilizar á poboación sobre esta problemática para contribuír á súa prevención e favorecer o tratamento dos posibles casos. No acto tamén participaron psiquiatras e responsables do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e do Hospital Niño Jesús.
O evento permitiu abordar desde distintas perspectivas —sanitaria, social e psicolóxica—esta problemática para extraer conclusións que permitan seguir mellorando a rede de atención e atender estes casos. O director xeral lembrou a importancia de fomentar encontros e charlas que axuden a eliminar estas conductas en etapas sensibles como a adolescencia.