A ANPA O Forte, en colaboración co Concello de Boqueixón, organiza un curso gratuíto de defensa persoal, que será impartido pola Escola Judo Club boqueixonés. Unha sesión que terá lugar no ximnasio do Forte este venres 25 de marzo, a partir das 21:00 horas.
A participación no curso é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente no Departamento de Deportes de Boqueixón, no mail deportes@boqueixon.com (indicando o nome e o primeiro apelido da persoa e teléfono de contacto) ou chamando ao teléfono 636 731 721.