Enmarcada na programación deseñada para o mes de marzo con motivo do Día Internacional da Muller, no día 26 terá lugar a proxección do documental A poeta analfabeta, dirixido por Sonia Méndez e gañador dun dos premios Luísa Villalta en 2019.
Será a partir das 20.00 horas, no teatro cine Elma, e a entrada é de balde ata completa-la cabida.
Esta peza audiovisual achegaralle ó público asistente a figura de Luz Fandiño, o seu mundo, a súa escritura e o que a move a escribir.
A dita actividade está organizada pola Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), en coordinación coa área da Igualdade da Deputación da Coruña.