— 29 alumnos participan nas 27 competicións das modalidades oficiais
— Outros seis alumnos realizarán participan nas modalidades demostrativas fora de competición
— Docentes galegos desprázanse como titores, coordinadores técnicos ou xurados
Unha trintena de alumnos compoñen a delegación galega que compite esta semana nas olimpíadas estatais de Formación Profesional, as Spain Skills 2022. Toman parte nesta competición os estudantes que acadaron medalla de ouro na fase galega do certame, Galicia Skills 2021.
O alumnado participante está acompañado polos seus titores. Tamén forman parte da delegación, en calidade de coordinadores técnicos, membros do xurado e xefes do equipo nacional de distintas competicións, outros oito docentes galegos.
Galicia presenta 29 competidores que participan en 27 habilidades, a totalidade das competicións oficiais que compoñen o certame. Ademais, a nosa Comunidade terá representación en tres modalidades de exhibición: Robótica colaborativa, Sistemas robóticos integrados e Industria 4.0.
As Spain Skills 2022 desenvólvense entre hoxe e o venres 25 no recinto feiral IFEMA de Madrid e nelas mediranse as competencias de alumnos das 17 CCAA e das cidades autónomas de Ceuta e Melilla. A competición en si realizarase o mércores, xoves e venres, mentres que a entrega de medallas será o sábado a mediodía.
A relación de compoñentes da delegación galega é a que se recolle no seguinte cadro:
Especialidade ou skill | Centro educativo | Alumno/a | Titor/a |
Atención sociosanitaria | IES Agra de Raíces (Cee) | Andrea Castreje Canosa | Eva Trasmonte Castiñeira |
*Carpintaría | CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) | Gabriel Besada Bernárdez | Avelino Figueroa Lorenzo |
CNC – Fresado | IES Politécnico de Vigo (Vigo) | Antonio Manuel Presas Rodríguez | Javier Fondevila Blanco |
Cociña | CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) | María Emilia Piedra Iglesias | José Miguel García Silvarredonda |
Control industrial | IES María Sarmiento (Viveiro) | Adrián López Bahamonde | Ramón Costeira Fernández |
Deseño de xogos e animacións 3D | CIFP Imaxe e Son (A Coruña) | Azucena Santos Estévez | Mónica Parada Gandos |
Deseño mecánico – CAD | CIFP Ferrolterra (Ferrol) | Alberto Estévez Ferreiro | Miguel Maceda Blanco |
Desenvolvemento web | IES San Clemente (Santiago de Compostela) | Santiago Andrade Ferreiro | Victor Manuel Martínez Tabaoda |
*Ebanistaría | CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) | Manuel Goyanes González | María del Puerto Piñeiro Guerra |
Electrónica | CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela) | Roberto Rodríguez Álvarez | Sabino Vidal Garea |
Estética | IES 12 de Outubro (Ourense) | Elidianik Almanza Quesada | Diego Negro Taboada |
Floraría | IES Montecelo (Pontevedra) | Ismael Soto Esperón | Bárbara Carballal Mariño |
Fontanaría e calefacción | CIFP As Mercedes (Lugo) | Iván López Fernández | Leticia Conde Castro |
Instalacións eléctricas | IES Politécnico de Vigo (Vigo) | Manuel Antonio Alonso Álvarez | Moisés Nicolás Pereira Martínez |
Mecatrónica | CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) | Pablo Corral Méndez
Iván Redondo Grandío |
José Luis Blanco Carballido |
Panadaría | CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) | Celia Vázquez Costoya | Manuel Patiño Carou |
Peiteado | CIFP Someso (A Coruña) | Jorge García González | María Teresa Raviña Rosende |
Pintura do automóbil | CIFP As Mercedes (Lugo) | Ismael Fernández Luaces | Luis Abelleira Álvarez |
Recepción hoteleira | CIFP Manuel Antonio (Vigo) | Sergio Martínez Calvar | Roi Álvarez González |
Refrixeración e aire acondicionado | CIFP As Mercedes (Lugo) | Jordi Montero i Castellón | Víctor Paz Cortiñas |
Reparación de carrozaría | CIFP Coroso (Ribeira) | Iago Castro Abuín | Manuel García Deus |
Servizo de restaurante e bar | CIFP Fraga do Eume (Pontedeume) | Bruno Landrove Gómez | Gerardo Pereira Romero |
Soldadura | IES María Sarmiento (Viveiro) | Mateo Rubal Fanego | Eliseo Maseda Iglesias |
Tecnoloxía da moda | CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) | Alfonso Rodríguez Díez | María Cruz Iglesias Viqueira |
Tecnoloxía do automóbil | IES María Sarmiento (Viveiro) | Sergio Martínez Pajón | Luis Gesto Lois |
TIC Administración de sistemas en rede | IES Isidro Parga Pondal (Carballo) | Martín Cambón Recarey | Diego Terrón del Valle |
Xardinaría paisaxística | IES Montecelo (Pontevedra) | Iván Francisco Darriba Bello
Anxo Gabián Vila |
Eliseo Castro Iglesias |
Industria 4.0 (Demostración, fóra de competición) | CIFP Ferrolterra (Ferrol) | Ramón Sixto Serantes | Isabel Veiga Lozano |
Industria 4.0 (Demostración, fóra de competición) | CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) | Lidia López Pérez | Patricia Grueiro Cercido |
Robótica colaborativa (Demostración, fóra de competición) | CIFP Universidade Laboral (Culleredo) | Iago Barreiro López
Gonzalo Fandiño Romero |
Susana Fernández Gómez |
Sistemas robóticos integrados (Demostración, fóra de competición) | CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) | Adrián Sanfiz Veiga
Andrés Díaz López |
Carlos Victorio Álvarez Pérez |