Saturday 16 de November de 2024

Presentación de Gomets na biblioteca de Fene


A biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé acolle este xoves, 24 de marzo, ás 18 horas, a presentación da novela Gomets, da escritora María Isabel Cagiao Branco. A entrada ao acto será de balde até completar o aforo.

Gomets conta a historia dunha nena chamada Bely que vive nun pequeno pobo galego. A medida que vai medrando, a pequena sofre unha transformación na súa forma de ser que da lugar a unha nova personalidade, Adela. Neste libro relátanse diferentes aventuras de Bely-Adela en lugares máxicos e con diversas personaxes peculiares.