O Grupo de Teatro A Pombiña porá o broche final ao ciclo de teatro afeccionado que se desenvolve no teatro cine Elma durante o presente mes de marzo coa peza Socorro. Será no día 27, ás 19.00 horas.
A obra transcorre nun pequeno hostal de Madrid durante o confinamento pola COVID-19 e, debido a que durante certo tempo os clientes e os donos do hostal quedan recluídos no inmoble, prodúcense unha serie de enfrontamentos entre todos.
A entrada é de balde e as persoas interesadas en asistir de público poden efectua-la súa reserva na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.