Saturday 16 de November de 2024

Touro solidarízase co pobo de Ucraína


Traballadores do Concello de Touro, encabezados polo alcalde Ignacio Codesido, concentráronse en silencio esta mañá (09/03/2022) diante da sede da Casa Consistorial en solidaridade co pobo ucraíno. A concentración silenciosa serviu para mostrar o apoio a todas as persoas que están sufrindo as consecuencias dun conflicto bélico impulsado pola Federación Rusa contra o territorio e o pobo da Ucraína. O Concello de Touro súmase así ás convocatorias de protesta contra a guerra en Ucraína que impulsa a Federación Española de Municipios e Provincias, que invitaron a todos os gobernos locais a facer unha concentración de cinco minutos de silencio.