O Concello de Ortigueira realizou esta mañá a lectura do manifesto polo 8 de marzo, Día da Muller, e súmase ás reivindicacións por unha sociedade feminista, na que mulleres e homes teñan os mesmos dereitos e oportunidades, cunha igualdade real.
Na xornada de hoxe tamén terá lugar ás 18:00 horasun espectáculo gratuíto de maxia con perspectiva de xénero, Igualdade, cousa de maxia?” coa meiga Fani no Teatro dá Beneficencia.