Saturday 16 de November de 2024

A función Comando comadres chega ao Elma no 12 de marzo


A compañía Matrioshka Teatro levará ao teatro cine Elma a función Comando comadres. Organizada pola Concellaría da Normalización Lingüística da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG), e financiada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta (RDL), a cita terá lugar no 12 de marzo, ás 20.00 horas.

Trátase dun espectáculo en clave de humor, no que un grupo de artivistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia do seus valores no pensamento hexemónico actual.

As reservas de balde pódense formalizar a través do teléfono de contacto 685571058.

Esta actividade atópase enmarcada na programación posta en marcha na localidade con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora no 8 de marzo.